Ofrécense materiais que teñen calidade tanto sensorial como estética, que se atopan en boas condicións e avalados pola normativa de seguridade. Dispóñese de material diverso, pero non excesivo, para non xerar un ambiente de caos, tendo sempre presente que a esta idade os mellores obxectos son os que nos rodean na vida cotiá, xa que constitúen unha forma de estimular os sentidos a través do tacto dos distintos elementos.


O uso de materiais naturais ten un lugar relevante na vida da casa niño O Bicarelo. A natureza alberga multitude de pezas soltas, non estruturadas e con múltiples posibilidades de transformación.


Aportan, ademais, un modelo de vida respectuoso co medio, sustentable, ao mesmo tempo que fomentan a creatividade, a estimulación sensorial e non son discriminatorios.