Crianza familiar en plena natureza
Crianza familiar en plena natureza
<< Que Ofrecemos

 

A vida no ámbito rural é un escenario perfecto para unha crianza a “lume lento”, permite ir máis amodo na nosa existencia e así gozar máis da vida.


Dende este proxecto considérase vital a vida ao aire libre e, por iso, cada día paseamos por un camiño de soutos centenarios que nos permiten gozar ao máximo da natureza.


Temos, ademais, horta e galiñeiro e as nosas veciñas e veciños, Lucita, Elvira, Remedios, Manuel, Pepe e Cesáreo, permítennos a miúdo participar nos seus quefaceres diarios, o que favorece o intercambio interxeracional asegurando que exista transferencia de coñecemento e experiencias en ambas direccións.